10.12.2011

O próximo 10 de Decembro terá lugar, nas instalacións do Pavillón Deportivo do Berbés (Vigo) o Torneo de Fútbol ... [+ info]

05.12.2011

Un grupo de alumn@s da Área Educativa participará o luns 5 nunha saída ao Centro Comercial a Gran Vía , alí ... [+ info]

03.12.2011

Como en anos anteriores, desde distintos ámbitos de San Rafael, traballamos duro para ter a punto os belenes que se ... [+ info]

02.12.2011

O usuario do Centro Juan Manuel Avendaño Rodríguez, exporá, dentro do Proxecto PASOARTE, unha obra de collage. A ... [+ info]

A Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus, con case cinco séculos de existencia, estivo atenta ás necesidades socio-sanitarias de cada época e lugar. Por isto, a finais de 1935 iniciou en Vigo a construción dun Fogar e Clínica que dese cobertura ás necesidades dos nenos e nenas afectados de secuelas da Poliomielite e malformacións físicas derivadas doutras doenzas.

Anos máis tarde, ao ir desaparecendo en gran parte as necesidades iniciais, o sector da Educación Especial atopou eco nos Irmáns de San Xoán de Deus e por iso, dende o inicio da década dos sesenta, este Centro viu realizando a súa actividade e afondando na atención a persoas con discapacidade intelectual nas áreas educativa, ocupacional e residencial. Fogar e Clínica San RafaelCo desexo de ofrecer mellores servizos aos nosos usuarios e usuarias e aumentar os niveis de calidade asistencial, fóronse realizando adaptacións estruturais coas que se dotou ao Centro dunhas instalacións modernas e confortábeis que nos permiten seguir traballando no obxectivo da asistencia integral baseada nos principios de integración, normalización e atención á diversidade.

O Fogar e Clínica de San Rafael, Centro de atención a discapacitados psíquicos e de rehabilitación, ten carácter asistencial de confesionalidade Católica promovido para o cumprimento dun servizo público con xestión privada sen ánimo de lucro. Como tal Centro asistencial, sométese ás disposicións emanadas da lexislación vixente sobre a materia, tanto do Estado español, como da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, como Centro pertencente á Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus, sométese ás disposicións das Constitucións e Estatutos Xerais da Orde Hospitalaria de San Xoán  de Deus. Como Centro Católico atense en todas as súas actividades á ética natural e á moral católica.

O Centro está aberto a toda persoa que necesite asistencia, calquera que sexa a súa condición relixiosa, social, ou económica, sen máis limitacións que as que se deriven das propias características específicas do Centro, as cales son de público coñecemento. A nosa meirande ledicia é que nos visitedes. Veredes os nosos traballos, actividades e instalacións. Comprobaredes como procuramos que os nosos usuarios e usuarias participen activa e normalmente na vida social, laboral e cultural da nosa contorna.

A misión do Fogar e Clínica San Rafael ten unha dobre orientación en base ao carisma da hospitalidade ao estilo de San Xoán de Deus:

-  Realizar unha atención integral á persoa con discapacidade intelectual, fomentando o seu desenvolvemento persoal, social e laboral mediante as modalidades de intervención oportunas; ofrecéndolle os servizos específicos das áreas educativa, ocupacional e de residencia.

- Realizar unha asistencia rehabilitadota e de promoción da saúde á persoa doente ou necesitada, aplicando o tratamento terapéutico prescrito para integrar ou compensar nela as capacidades físicas e/ou lingüísticas perdidas ou non adquiridas.


- Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Nº Rexistro: 132-PO-033-F-01.
- Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Nº Rexistro: 36010253.
- Ministerio de Xustiza-Rexistro de Entidades Relixiosas. Nº Rexistro: 1188-b/5-SE/B.
- Declarada de Benficiencia Particular o 27.06.1916 s/Art. 3 Instrución de 14.03.1899.
- Declarada Entidade de Carácter Social s/Lei 37-92.

Fogar e Clínica San Rafael C/ San Xoán de Deus,1 - 36208 Coia-Vigo (Pontevedra) | Teléf: 986 23 27 40 - 986 29 74 00 Fax: 986 23 05 56 E-mail:saravi@hsjd.es

Aviso legal e Política de privacidade